Cultura á baixa

O Goberno de David Cameron, a través do denominado Consello das Artes, acordou reducir un 30% o investimento en materia cultural por un espazo de catro anos e o Ministerio de Cultura italiano xa leva recortados nos últimos tres anos perto de 500 millóns de euros dos fondos para a cultura. Ao fío disto Umberto Eco non dubida en afirmar que existe, máis alá da crise económica obxectiva, un “rexurdimento do odio cara aos intelectuais e a cultura” que funde as súas raíces no século XIX.