Os soños, soños son…

Acabo de recibir unha triste noticia. Galicia Hoxe, o único xornal escrito en lingua galega, acaba de morrer, oito anos despois da súa aparición. Comunícanme que sae á rúa por derradeira vez o martes 28 de xuño de 2011, no aniversario do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e da volta dos restos de Castelao para seren enterrados no Panteón de Galegos Ilustres. Un día histórico o de hoxe, podiamos dicir. Por que? Porque morreu o soño dos que amabamos un xornal que se editaba enteiramente en galego.