Que Claude Royet-Journoud persegue a febre dos corpos que desprazan o baleiro é algo que xa percibimos no seu traballo poético e reflexivo. Pero agora trátase da expresión gráfica e cromática de seres descoñecidos, das manchas aleatorias, dos trazos dun día apenas perceptible na memoria, que apenas mergullou o cristal do ollo. Hai unha ledícia de infancia neste traballo, o misterio de seres nunca vistos. Tamén as bocas negras, as orellas e ollos de figuras que non responden ás nosas preguntas, como polo demais ocorre tódolos dias. O claro, o escuro, o baleiro e o cheo. O que toma unha forma recoñecible e o que se desdebuxa no abstracto. E todo iso, otra volta, xunto á expresividade algo enfermiza da cor, dos corpos sólidos, dos rostros, dun entorno de espectros. Pero os nosos dias son xa tan estraños que esta pagana compaña, apenas albiscada, non deixa de murmurarnos cousas ao oído, coma se, aínda que non pase nada, fora a pasar algo que non deixará de afectarnos. Só me queda dicir que a “pobreza” desta procesión de formas, o seu esquematismo, a súa ambigüidade central, redunda en beneficio dunha interpretación onde o insignificante pulsa por pasar ao sentido. Cónstame que a piedade por calquera vida ten que ver con esta atención ás formas nacentes.
Ignacio Castro
CLAUDE ROYET-JOURNOUD, nacido en Lyon no 1941. Autor dunha tetraloxía: Le renversement (1972), La notion d’obstacle (1978), Les objets contiennent l’infini (1983), Les natures indivisibles (1997), nas edicións Gallimard. Esta tetraloxía foi obxecto dun volume de estudos (arredor de corenta colaboracións) reunidas por Michèle Cohen-Halimi e Francis Cohen baixo o título de je te continue ma lecture nas edicíóns P.O.L.
. . . . . . . . . .